19 de mar. de 2018

"O Son que me Arroupa", en Baralla

No C.P.I. Luís Díaz Moreno de Baralla estivemos o día 9 de marzo coa actividade "O Son que me Arroupa", actividade pensada para poñer en valor o traxe e a música tradicional. Ademais, esta proposta educativa inclúe dramatización, sombras chinescas, e experimentación e manipulación dos tecidos empregados para facer os traxes tradicionais, coas súas diversas texturas, nun espectáculo sensorial que fai as delicias dos máis pequenos da casa.
Esta actividade foi posible grazas á colaboración económica que o concello de Baralla ven concedendo á nosa Asociación.
Damos as grazas a Doris e Azu polo seu entusiasmo e bo facer, e a Pilar polo éxito de organización e participación.




Ningún comentario:

Publicar un comentario