11 de dec. de 2018

Música e traxe tradicional en Baleira da man da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

A semana pasada a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy desenvolveu unha nova proposta musical: "O Son que me Arroupa".

Nesta ocasión, no CEIP de O Cádavo - Baleira, levouse a cabo un concerto didáctico que conxugou a nosa música co traxe tradicional galego. 

Participaron as familias que conforman o Espazo das Familias que se celebra todos os martes lectivos, así como toda a comunidade educativa do CEIP. Nenos e nenas e as súas familias gozaron das texturas dos nosos traxes da man das rimas e dos cantos de berce.

Esta actividade, así como a desenvolta no propio Espazo realízase  grazas á subvención que no Concello de Baleira concede para tal fin.


Ningún comentario:

Publicar un comentario