30 de out. de 2017

Coas cabazas nos Espazos das Familias

Unha actividade a facer nestes días próximos ao Samaín é a que vemos realizando na imaxe no Espazo das Familias de Pobra de San Xiao: alí estivemos baleirando cabazas.

Miramos e tocamos as cabazas, a súa semente, tocamos o interior, prememos a ver si soltaba zume, …, ata chupamos os pedaciños. Que ben o pasamos e canto aprendemos cada día coas cousas do contorno máis próximo!!

E falamos do Samaín, a festa asociada ao ciclo anual do sol que xa forma parte do Patrimonio Inmaterial de Galicia e do Norte de Portugal. Axudamos a recuperar tradicións e costumes.

Esta festa celebrábase en Galicia ata épocas relativamente recentes, nas que foi esmorecendo para converterse, unicamente, nunha celebración do día de Defuntos, aínda que coa celebración de Halloween en países anglosaxóns, e que ten precisamente a súa orixe no Samaín dos celtas, estase a recuperar de novo.

Como curiosidade, dicir que as cabazas baleiras e iluminadas colocábanse sobre os valados ou nas encrucilladas, para asustar aos camiñantes.

Se queredes saber do Samaín, premede aquí ou aquí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario