Máis de 70 familias participaron na Festa Xogueteira organizada pola Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy no Concello de Castroverde o pasado día 28 de xuño.
O bo tempo acompañounos nesta actividade de espazos de xogo para os máis pequenos cheos de aprendizaxes que entran por todos os sentidos.
Lembrade que o sábado 2 de xullo estaremos no Concello de Frades, na Área Recreativa Os Pasos - Alazo, con esta mesma actividade. Esperámosvos!!
Deixámosvos unhas imaxes desta xornada en Castroverde na que o pasamos moi ben:
Ningún comentario:
Publicar un comentario