1 de mar. de 2017

Correndo o Antroido nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Nestes días de tanta festa por Galicia adiante, os participantes dos diferentes Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy tamén se quixeron sumar a participar no Antroido. Porque o Antroido é sinónimo de risa e diversión, pero tamén sinónimo de aprendizaxe e de cultura.

Debemos aproveitar os momentos lúdicos para, ademais de gozar dos nosos nenos e nenas, ensinarlles o valor da festa e das tradicións.

Deixámosvos unha imaxes destes días:



16 de feb. de 2017

Agradecemento a Lois Ferradás

Deixamos aquí un enlace á revista Irimia onde se recolle unha entrevista a Lois Ferradás Blanco.

Lois Ferradás é un mestre que xunto con D. Antonio Gandoy e outras persoas preocupadas pola educación botaron a andar a Preescolar na Casa aló no ano 1977.

Posteriormente formou parte do Padroado da Fundación Preescolar na Casa, e sempre, ao longo da súa carreira estuvo vinculado á mellora da educación de Galicia. Transcribimos aquí as palabras sobre Preescolar na Casa:

"...Si, no ano 1977 Antonio Gandoy convídame para formar parte do primeiro equipo profesional de Preescolar na Casa, con Ermitas Fernández e Adela Vila. Foron doce anos con dedicación exclusiva e moitos máis con diversas colaboracións. Foi aí onde me fixen profesional, dando e recibindo. Durante máis de 30 anos “Preescolar na Casa” fixo unha contribución singular á educación no medio rural en Galicia; singular polo número de familias que participaban, máis de 2000 cada curso; por situarse no rural, daquela con máis dificultades para acceder aos servizos; por atender a primeira infancia; por basearse na participación competente das familias; por realizarse integramente en galego; por usar creativamente revista, radio e televisión. Preescolar na Casa foi un laboratorio e un difusor da mellor pedagoxía da primeira infancia no ámbito familiar que gozou de recoñecemento internacional, do que podemos sentirnos orgullosos. A xeira continúa..."

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy sempre estará en débeda coas persoas que no seu momento iniciaron e posteriormente desenvolveron o programa Preescolar na Casa, e que sempre estiveron comprometidos coa mellora da educación dos nenos e nenas de Galicia e das súas familias. 

Máis información:

12 de feb. de 2017

Hai quince anos...

Hai quince anos que se foi un dos bos, un dos xenerosos...


Quince anos que os que o tivemos a sorte de coñecelo seguimos notando a súa ausencia...

Hai quince anos que nos sentimos orfos da súa presenza, do seu bo xuízo, do seu bo exemplo...

Quince anos en que non o deixamos de ter presente...


Hai quince anos que finou D. Antonio Gandoy…

Sempre estará na nosa memoria.

6 de feb. de 2017

En marcha o Espazo das Familias de Outes

Os Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy siguen en marcha. 

Deixámosvos unhas imaxes do Espazo de reciente creación en Outes, onde nais, pais, nenos e nenas gozan de diferentes actividades conxuntas:




3 de feb. de 2017

Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en Lousame

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy desenvolverá os Espazos das Familias no Concello de Lousame

Si queredes participar, debedes chamar ao teléfono 981 820 494 ata o vindeiro 1 de marzo ou poñervos en contacto coa Asociación.

Deixámosvos o texto da convocatoria para as persoas que queiran participar neste Concello:

O Concello de Lousame vai poñer en marcha o programa Espazos en Familia, unha actividade dirixida tanto a familias con fillos e fillas de ata tres anos como a futuros nais e pais. Trátase dun espazo para o encontro e a formación das familias en temas relacionados coa primeira infancia  (sono infantil, a linguaxe, a importancia do xogo, ...) e tamén un tempo para o intercambio de experiencias a carón doutras familias. 

Estará dirixido por profesionais da educación da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy (procedentes do antiguo Preescolar na Casa), que tamén impartirán titorías personalizadas con cada familia.

As sesións serán semanais e dunha hora e media de duración. Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou no tfno 981 820 494. O período de reserva de praza está aberto ata o vindeiro 1 de marzo. Na imaxe podeedes ver unha das actividades propostas, O Son que me Arrola, un concerto para nenos e nenas menores de 3 anos.

30 de xan. de 2017

Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Deixámosvos unhas imaxes tomadas nun dos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Lugo, concretamente do de Fingoi.

Nestes espazos nais e pais con nenos e nenas de 0 a 3 anos, xunto con profesionais da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy realizamos actividades dirixidas a reforzar as competencias parentais, así como a dar resposta ás diferentes necesidades das nenas e dos nenos. 

Si queredes máis información sobre os mesmos, non dubidedes en poñervos en contacto coa Asociación.


17 de xan. de 2017

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en Outes e no Incio

Neste días, a prensa fíxose eco das actividades da nosa Asociación nos concellos de O Incio e de Outes. Picando aquí verás unha das novas. Deixamos aquí os recortes: