Principios


1. O traballo desenvolto por Preescolar na Casa a prol da educación de nenos e pais galegos ao longo de 35 anos ben merece ser investigado e difundido, dada a súa contribución á historia da educación de Galicia e os seus múltiples recoñecementos ao longo dos anos.

2. Os pais e nais son insubstituíbles no proceso educativo dos seus fillos e fillas, sendo o fogar o primeiro e máis importante ambiente de aprendizaxe.

3. Todos os pais e nais queren ser bos para os seus fillos e fillas. Se ben educar é criar aos fillos é unha responsabilidade que pertence ao ámbito privado, é lexítimo o apoio nesta tarefa: está demostrado que a formación de pais a través dun currículo estruturado baseado na investigación sobre a práctica parental contribúe ao óptimo desenvolvemento da mesma e axuda a mellorar a competencia familiar e fornecer a relación pais/fillos.

4. As nais e os pais merecen e poden beneficiarse do apoio doutros pais e nais, da información sobre o desenvolvemento da infancia baseado na investigación, oportunidades temperás para chegar a implicarse na comunidade e na escola.

5. Os nenos e nenas poden beneficiarse de oportunidades de xogo estruturado e desestruturado e grupos de iguais, así como da relación con outras persoas.

6. A análise e observación da infancia axuda a pais e nais a entender o desenvolvemento dos seus fillos e fillas e pode proporcionar identificación temperá de retrasos no mesmo.


7. As familias actuais téñense que enfrontar a moitos cambios e retos que requiren cunha maior prominencia o exercicio dunha parentalidade positiva, considerando que este apoio é esencial para a infancia, a familia e colectivos en vulnerabilidade social, sendo a inclusión o eixo de calquera intervención.

A ASOCIACIÓN

MISIÓN, VISIÓN E VALORES DA NOSA ASOCIACIÓN