O Son que me Arrola

O Son que me Arrola é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación.

O Son que me Arrola ofrece tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.

Os OBXECTIVOS desta actividade son:
  • Achegar a música ás familias, principalmente a de tradición oral galega.
  • Ofrecer a posibilidade de experimentar e manipular con diferentes instrumentos.
  • Impulsar actividades axeitadas para o tramo de idade 0-6 anos.
Vai DIRIXIDA a:
  • Familias con nenos e nenas de entre 0 e 3 anos de idade. 
  • Nenos e nenas de escolas infantís, de 0 a 3 anos. 
  • Nenos e nenas escolarizados na etapa de educación infantil, de 3 a 6 anos.

A actividade consta de dúas partes. A primeira está dedicada á escoita e durará aproximadamente uns 20 minutos. A segunda, está dedicada á exploración dos instrumentos ata un máximo de 1 hora.
Esta actividade poderíase complementar co obradoiro de construción dun pequeno instrumento de percusión.

(Pica AQUÍ para ver o tríptico informativo desta actividade)

QUE FACEMOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario