Misión. Visión e Valores da nosa Asociación

Misión:
A Misión da Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy é preservar e difundir o legado inmaterial referido ao pensamento socio-educativo de Antonio Gandoy Díaz, a través da prestación de actividades que viña desenvolvendo o programa Preescolar na Casa por el impulsado. Esto concrétase en varios puntos:
  • Promover unha educación que capacite á persoa para comprender a realidade, intervir nela e vivir en harmonía consigo mesmo, cos demais e coa natureza.
  • Difundir unha cultura da infancia, das súas necesidades, potencialidades e dereitos de acordo coa Convención dos Dereitos do Neno adoptada e ratificada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de Novembro de 1989.
  • Fomentar a educación da infancia a través de actividades preventivas e formativas que promovan o exercicio da parentalidade positiva.
  • Fomentar a xestión do coñecemento sobre a infancia e a familia.
  • Promover a creación de servizos de atención socio-educativa a nenas/os e/ou familias de diferentes colectivos, do ámbito rural, poboación dispersa e contornos familiares de especial vulnerabilidade, co fin de promover a igualdade de oportunidades e a conciliación da vida familiar e laboral.
  • Fomentar o estudo, conservación e difusión da cultura tradicional galega así como o emprego e promoción da lingua galega.
  • Fomentar a relación con entidades públicas e/ou privadas en aspectos que inciden no desenvolvementoe benestar da infancia e da familia.
  • Promover programas de voluntariado para o desenvolvemento das accións que se leven a cabo.
Visión:
A Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy quere ser unha institución consolidada e referente na creación dunha cultura da infancia e na valoración do papel educativo da familia.

Valores: 
  • Estamos comprometidos coa educación, a cultura e o saber, como bens imprescindibles para o desenvolvemento das persoas.
  • Somos defensores e reinvindicadores da importancia educativa dos primeiros anos e do papel educativo da familia.
  • Somos respectuosos co propio, as persoas, a lingua, o medio e a cultura.
  • Somos solidarios cos sectores de poboación máis desfavorecidos.
  • Cooperamos con outros profesionais, organizacións e institucións relacionadas coa educación, a infancia e a familia.
  • Estamos comprometidos coa mellora continua e a competencia profesional.























Os valores que moven á Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy son o compromiso coa educación, a cultura e o saber, a defensa e a reinvindicación do valor da educación, o respecto co propio, a solidariedade, a cooperación, e o compromiso coa mellora continua.