Espazos das Familias

Os Espazos das Familias constitúen un lugar e un tempo de encontro para a formación de nais e pais con nenos e nenas de 0 a 3 anos. 

Os profesionais da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy (mestres, pedagogos e psicólogos con ampla traxectoria educativa en Preescolar na Casa) deseñan actividades dirixidas a reforzar as competencias parentais, así como a dar resposta ás diferentes necesidades das nenas e dos nenos.

Estes Espazos teñen unha periodicidade semanal, en sesións dunha hora e media de duración. A continuación desta sesión, as familias disporán dun tempo individual para aclarar dúbidas mediante unha titoría concertada.

Os Espazos das Familias terán lugar en espazos públicos como colexios, centros sociais ou no propio local da Asociación.

(Pica AQUÍ para ver o tríptico informativo desta actividade)

Ningún comentario:

Publicar un comentario