27 de dec. de 2017

O Concello de Sarria coa Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

O Concello de Sarria ve de conceder unha subvención por importe de 1684,40 € á nosa Asociación.

Neste curso, máis de 30 familias deste Concello participaron nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, espazos onde nenos, nenas e adultos empapáronse da parentalidade positiva, baseándose nos principios de atención, orientación, recoñecemento, potenciación e educación sen violencia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario