27 de nov. de 2017

O Son que me Arrola, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, en Sarria

O pasado día 24, na Escola Infantil de Sarria, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy desenvolveu a actividade O Son que me Arrola, unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e instrumentación, ofrecendo tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo. Neste enlace tedes máis información sobre O Son que me Arrola.

Esta actividade, pensada para nenos, nenas e adultos tivo como espectadores e actores aos participantes dos Espazos das Familias e todos os nenos e nenas da Escola Infantil. O Concello de Sarria subvencionou esta proposta.

Deixamos aquí un enlace á nova de El Progreso que recolle esta actividade, así como unhas imaxes da mesma (a fotografía superior é de El Progreso).


Ningún comentario:

Publicar un comentario