12 de out. de 2017

Máis actividade da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Esta semana comezamos no Espazo das Familias de Ames. Deixamos aquí un enlace á web deste Concello onde se fala da nosa actividade e do xeito de participar. 

O mesmo, nos Centros Sociais de Nemenzo e Villestro, de Santiago de Compostela, como vedes no cartel da dereita. E o xoves 19 de outubro daremos o pistoletazo de saída no Centro Social de Sar, tamén en Compostela. Alí vos esperamos!!

E como non paramos, o día 13 de outubro, as nosas compañeiras Cristina Feijoo e Olaia González estarán en Poio, Pontevedra, participando na Xornada "Supervivencia da Escola Rural en Europa: as persoas como motor de cambio, unha responsabilidade de todos", na Mesa 2: A escola rural na loita contra a despoboación, contando a experiencia da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy e a traxectoria de Preescolar na Casa, dous proxectos educativos que apostan pola educación como motor de vida e freo de despoboamento, e que son modelos a seguir en Europa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario