2 de out. de 2017

Grazas por apostar polo traballo da Asociación

A día de hoxe, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy está a desenvolver 33 Espazos das Familias nas provincias de Lugo e A Coruña, e non facemos máis ca comezar. No mapa situado na columna esquerda deste blog podedes ver os diferentes lugares onde se desenvolve a nosa actividade e que se vai actualizando a medida que se abren novos Espazos.

Queremos agradecer concretamente aos concellos de Arzúa, Frades, Aranga, Mesía, Santiago de Compostela, Ordes, Outes, Monfero, Irixoa, Muros, Ames, Lousame, Paradela, Chantada, Lugo, Sarria, O Incio, O Páramo, Castroverde, Becerreá, Baralla, Baleira (O Cádavo), Láncara, Quiroga e Ribas de Sil, que directamente apoian e financian parte do noso proxecto, confiando na nosa Asociación.

Agradecemos tamén a outros que aínda que non aportan directamente achegas económicas si que colaboran con nós dalgún xeito, así como a diferentes institucións, socios e persoas que apostan polo traballo da nosa Asociación.

Porque apostar polo noso traballo é apostar pola parentalidade positiva, algo no que foron pioneiros D. Antonio Gandoy e Preescolar na Casa e que nós, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, pretendemos continuar. E apostar pola parentalidade positiva e pola educación nos primeiros anos de vida e na familia, no fogar, é apostar polo futuro.

Se picades aquí veredes ¿Que es la parentalidad positiva?, unha web do Goberno vasco onde se recollen os Principios da Parentalidade Positiva, así como as Recomendacións do Comité de Ministros sobre o tema, un Informe sobre Parentalidade e Boas Prácticas sobre Parentalidade Positiva.

Deixamos dúas imaxes do Espazo das Familias de Baralla (Lugo).


Ningún comentario:

Publicar un comentario