18 de set. de 2017

Mapa de traballo da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Picando na imaxe que aparece na columna esquerda deste blog ou na que acompaña a esta entrada, entraredes no mapa de actuación da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, onde poderedes consultar os diferentes Espazos das Familias que estamos a desenvolver.
  • Picando nas marcas vermellas veredes onde están os diferentes Espazos das Familias que están a desenvolverse, xunto co nome das orientadoras que os levan a cabo e o xeito de poñerse en contacto con elas.
Este mapa de actuación irémolo actualizando a medida que se vaian concretando datas e lugares.

Podedes poñervos en contacto con nós picando aquí. Informarémosvos do que precisedes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario