12/06/2017

Participantes dos Espazos das Familias de Ribas de Sil e Quiroga da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, no Museo do Tren

Os participantes dos Espazos das Familias de Ribas de Sil e de Quiroga estivemos o outro día de excursión no Museo do Tren de Galicia, en Monforte, un espazo que fai as delicias de grandes e pequenos, e onde poideron coñecer, dun xeito lúdico e divertido a historia do ferrocarril en Galicia, vendo coches e vagóns históricos.

E como vedes na foto da dereita, aínda nos quedou tempo para descansar ao carón do río.

Monforte de Lemos, pola súa situación estratéxica foi a porta de entrada a Galicia do ferrocarril, no ano 1.883, cunha viaxe procedente de Madrid na que viña Alfonso XII

Monforte pasou a ser o principal nudo ferroviario de Galicia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario