3 de abr. de 2017

Xestionando as emocións no Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Monfero

En días pasados, no Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Monfero estivemos a traballar as emocións a través dos contos e dos xogos.

Porque experimentamos alegría ou satisfacción cando as cousas marchan ben, e tristeza, medo ou rabia, cando sucede o contrario. As emocións aportan información sobre a nosa relación co contorno e sobre a maneira de relacionarnos con el, polo que é moi importante aprender a xestionalas. E tamén que se faga dende moi pequenos.

Antonio Gandoy xa definía educar como “formar persoas capaces de vivir en harmonía consigo mesmas, cos demais e coa natureza”, e para acadar esta harmonía semella imprescindible o feito de educar as emocións.




Ningún comentario:

Publicar un comentario