24 de abr. de 2017

Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en Lousame

O pasado martes 18 tivo lugar a presentación do Espazo das Familias no Concello de Lousame.

O Espazo que se leva a cabo neste Concello terá lugar os martes ás 11:00 h.. Lembrámosvos que estes Espazos das Familias constitúen un lugar e un tempo de encontro para a formación de nais e pais con nenos e nenas de 0 a 3 anos. 

Os profesionais da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy (mestres, pedagogos e psicólogos con ampla traxectoria educativa en Preescolar na Casa) deseñan actividades dirixidas a reforzar as competencias parentais, así como a dar resposta ás diferentes necesidades das nenas e dos nenos.

Estes Espazos teñen unha periodicidade semanal, en sesións dunha hora e media de duración. A continuación desta sesión, as familias disporán dun tempo individual para aclarar dúbidas mediante unha titoría concertada.

Deixamos unas imaxes desta presentación:


Ningún comentario:

Publicar un comentario