2 de dec. de 2016

O Son que me Arrola, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, en Sarria

O pasado venres 25 de novembro, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy desenvolveu a actividade O Son que me Arrola, na Biblioteca do Concello de Sarria, onde estiveron as familias participantes nos Espazos das Familias que se levan a cabo neste Concello.

Unha actividade de música e agarimo na que nenos, nenas, nais e pais gozaron da música e da manipulación.

Lembramos que o Concello de Sarria está a colaborar coa Asociación cunha subvención de 1684,40 €, apostando así pola parentalidade positiva para os seus veciños.


Ningún comentario:

Publicar un comentario