29 de nov. de 2016

O Concello de Baleira coa Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

O Concello de Baleira ven de conceder unha subvención para o desenvolvemento do Espazo das Familias da nosa Asociación por importe de 1300 €.

Outro Concello que aposta polo desenvolvemento de actividades como as que ofrece a nosa Asociación para os seus veciños. 

Os Espazos das Familias constitúen un lugar e un tempo de encontro para a formación de nais e pais con nenos e nenas de 0 a 3 anos. 

Os profesionais da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy (mestres, pedagogos e psicólogos con ampla traxectoria educativa en Preescolar na Casa) deseñan actividades dirixidas a reforzar as competencias parentais, así como a dar resposta ás diferentes necesidades das nenas e dos nenos.

Agradecemos ao Concello de Baleira a confianza posta no noso traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario