14 de out. de 2016

Numeroso público na actividade que a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy levou a cabo no San Froilán

O pasado 12 de outubro, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy desenvolveu a actividade O Son que me Arrola. Esta actividade, incluida no programa do San Froilán do ano 2016, contou cun público numeroso e moi entregado.

Nenos, nenas e adultos poideron gozar no Patio do Seminario de Lugo das cantigas de berce e das anainas que se inclúen nesta proposta musical que pretende achegar a música e a cultura ás familias.

Agradecemos ao Concello de Lugo que contara coa nosa Asociación para levar a cabo esta actividade.

Neste enlace podedes ver en que consiste esta actividade, e neste outro, outras actividades que leva a cabo a nosa Asociación.



Ningún comentario:

Publicar un comentario