15 de xul. de 2016

Pasade un bo verán

Despois doutro curso de traballo, esforzos e satisfaccións, toca descansar un pouquiño no verán e recargar as pilas.

Esperemos que todos gocedes do verán na compañía dos que queredes, e que aproveitedes este tempo de verán tan fabuloso para abordar novas aprendizaxes.

Deixámosvos o enlace a un video clip que o alumnado do CEIP de Piñeiros realizou empregando a cantiga "Porque vén o verán" contida no libro-disco Brinca Vai! de Paco Nogueiras, editado por Kalandraka, que nos gustou e que queremos compartir.

Pasade un bo verán!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario