25 de mar. de 2013

A Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy merca os bens de Preescolar na Casa



O día 21 de marzo tivo lugar no Xulgado do Mercantil de Lugo a poxa dos bens da extinta Fundación Preescolar na Casa. A Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy ven de mercar a maioría destes bens, entre os que se encontra a propia marca "Preescolar na Casa". 


Os membros da Asociación felicitámonos deste feito, así como agradecemos as moitas mostras de apoio recibidas por parte de diversos colectivos sociais e por parte de moitas persoas que aplaudiron esta iniciativa.

Ver nova en La Voz de Galicia
Ver nova en El Progreso




13 de mar. de 2013

Xa estamos legalmente constituídos

A Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy está formalmente constituída e rexistrada no Rexistro Central de Asociacións co número 2013/017287. Confiamos que o que comeza como un proxecto ilusionante se convirta nunha realidade que axude a mellorar a educación e a formación de tódalas nais e pais preocupados polos seus fillos e fillas.